Formulario de busca

NOVAS

Coruña festexa a semana da diversidade con teatro e música para pechar o Festigual, o festival de todas

O Festigual 2023 celebra esta semana a súa recta final coincidindo coa celebración do Día Internacional das personas con Dispacadidade. O peche do festival virá a cargo do recoñecido grupo de pandeireteiras PAN.SEN.FRON liderado por Xurxo Fernandes, que traballará xunto coa veciñanza do barrio O Campanario co fin de fusionar a tradición galega coa riqueza da cultura xitana. 

Un proxecto onde a música pretende ser a porta de entrada para a convivencia artística nutríndose mutuamente das súas experiencias musicais. Neste espectáculo poderemos gozar dos sons da tradición musical galega mesturados con elementos da tradición xitana. Unha experiencia que romperá barreiras e poñerá en valor a tradición e a cultura deste barrio da cidade. O espectáculo será o domingo, 3 de decembro, ás 19h no Centro Ágora. A entrada é de balde ata completar aforo e sen inscrición previa.

A edición deste 2023 do Festigual — Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa desenvolto polo Concello da Coruña —  puxo o foco nas diferentes formas de exclusión presentes no noso día a día, en todos os ámbitos e en todas as franxas de idade. Unha edición que consiguiu cifras récord de público e que demostrou a relevancia deste tipo de iniciativas dentro da axenda de ocio da cidade.

Nesta última semana de Festigual a organización tamén programou actividades da man dos centros educativos da cidade para traballar na concienciación dos máis cativos. Ademais, o venres, 1 de decembro, o Teatro Colón acollerá a representación de “Dumbo, o musical”, un divertido espectáculo para toda a familia  que fala sobre o acoso escolar. Unha gran posta en escea con voces en directo que fará desfrutar toda a familia mentres reforza a mensaxe para que as xeracións máis novas crezan nun entorno máis seguro. A entrada será de balde ata completar aforo e sen inscrición previa.

O Festigual — Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa desenvolto polo Concello da Coruña — nace e perdura cun fin: xerar espazos de convivencia e transformación ao redor das artes. A través de distintas disciplinas artísticas, non só pretende concienciar sobre a urxencia de facilitar espazos nos que todo o mundo poida acceder ás artes, senón tamén da necesidade de crear dende as marxes para que o público xeral poida ampliar olladas.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

As Alumnas

Pontevedra

27-02-2024

12:00


Made in Galiza

Ponteareas

01-03-2024

Horario pendente de confirmación


As Alumnas

Carballo

01-03-2024

21:00


Made in Galiza

Vigo

02-03-2024

Horario pendente de confirmación


Maxia sen trucos

Ponferrada

02-03-2024

18:00


Latexo Percusión

Arzúa

02-03-2024

19:00


Asemblea Xeral

Cambados

03-03-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG