Formulario de busca

NOVAS

"Cultura contra a Barbarie": unha gala solidaria con Palestina en Santiago de Compostela

Pallasos en Rebeldía, Culturactiva S. Coop. e o Concello de Santiago presentan unha gala solidaria a favor de Palestina no Teatro Principal de Santiago de Compostela. O evento terá lugar o 22 de decembro ás 20:30 horas con entrada de balde con billeteira inversa ata completar o aforo. As entradas esgotáronse en cuestión de días.

O espectáculo contará coa música tradicional-electrónica das Tanxugueiras e o folk dos D’Abaixo, os trucos musicais do Mago Teto, as actuación de Rosina Castelli e o toque humorístico de Mofa e Befa e Iván Prado. Este evento multicultural reivindicará os dereitos do pobo palestino e será presentado pola actriz Iolanda Muiños.

O diñeiro recaudado destinarase a favor do pobo palestino. A participación activa da sociedade en eventos culturais coma este non so permite recaudar fondos para causas vitais, senón que recalca a importancia da cultura no que á transformación social se refire. Dende a organización de Pallasos en Rebeldía, crése que o poder da cultura debe ser o motor que impulse o cambio social, pois destácase como medio para transmitir solidariedade.

O evento está organizado pola ONG Pallasos en Rebeldía co respaldo de Culturactivca S. Coop. e a colaboración do Concello de Santiago, Galiza por Palestina, Lugo por Palestina e BDS Galiza e os fondos recaudados destinaranse a entidades locais en terreno. 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Indóciles

A Coruña

03-05-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Cedeira

04-05-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

04-05-2024

19:30


Somos a pedra

Santiago de Compostela

04-05-2024

22:30


Concerto singular

Ponferrada

05-05-2024

12:00


Concerto singular

Cambados

09-05-2024

Horario pendente de confirmación


Via Morta

Rianxo

10-05-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG