Formulario de busca

NOVAS

Guadi Galego presenta 'Roibén' en Barcelona

Guadi Galego prepara xa a súa viaxe a Barcelona disposta a rizar o cabelo do público da Sala CAT. Un concerto no que gozaremos da súa nova banda formada por grandes artistas catalás como Pau Brugada, Vic Moliner e Paula Grande.

A artista coruñesa actuou en Madrid a semana pasada con entusiasmo e amor. Un sentimento que vivirá tamén o público que se achegue o 1 de abril a escoitar o que, en palabras de Fernando Neira, "é o seu mellor LP".

Guadi Galego, no seu paso por Madrid, aproveitou para visitar programas e amigos en Como lo oyes de Radio 3 ou Artesfera de Radio Nacional Exterior, xa dispoñibles en podcast. Pero aínda quedan algunhas sorpresas por emitirse!

Se aínda non o fixeches, escoita xa Roibén. Cancións dedicadas á dor, ao amor, ás mudanzas propias e alleas, á fortuna, ao consolo, á admiración... Este traballo está cheo de poesía, sobre todo de dous grandes da literatura galega como son Xohana Torres e Antía Otero.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Triscus Beliscus

Fisterra

09-06-2023

17:00


Mediarea

Santiago de Compostela

09-06-2023

22:00


Saaabor!

Gozón

10-06-2023

12:00


Filipa cos contos

Cuntis

10-06-2023

18:30


Molto Barroco

Ribadeo

10-06-2023

19:00


4.0

A Coruña

10-06-2023

19:30


O Sonoro Maxín

A Coruña

10-06-2023

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG