Formulario de busca

NOVAS

Leilía anuncia a súa última xira tras un éxitoso primeiro concerto na Festa do Queixo de Arzúa

O seu espectáculo Vidas Cantadas poñerá fin a unha andaina que mudou o panorama da música tradicional galega

Este 2023 será o último ano de Leilía enriba dos palcos. O grupo, que naceu no ano 89 cando seis mulleres se xuntaron co obxectivo de recuperar do esquecemento a tradición oral, da inicio á que será a súa última xira logo de 34 anos co seu espectáculo Vidas Cantadas.

O pasado sábado 4 de marzo anunciaron a fin de xira nun multitudinario concerto na Festa do Queixo de Arzúa, que mereceu varios minutos de ovación. Ao longo deste ano levarán o seu espectáculo Vidas Cantadas por todo o territorio manténdose fieis a súa esencia: “Poñer en valor a tradición oral herdada das mulleres das aldeas que compartiron connosco coplas, toques, e moita sabiduría popular”.

En Vidas Cantadas pechan un círculo. Retoman cancións do seu vello repertorio e danlle un aire novo. Este espectáculo engloba un sinfín de vivencias que mostra o que Leilía significa para a música deste país.

Dende o grupo recordan que, cando comezaron a súa andaina, o canto e a pandeireta estaban esmorecendo, pero que agora, botando a vista atrás, ven como esta realidade mudou, e agora forman parte das vidas de moitísimas persoas deste país. “Estamos moi contentas e orgullosas de todos os pasos dados ao longo destes anos, e estamos infinitamente agradecidas ás nosas informantes, e tamén ao público que nos apoiou e arroupou”, afirman dende o grupo.

Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez din adeus aos palcos tras unha traxectoria que supuxo un antes e un despois no panorama musical galego. “Será unha xira moi especial e emocionante”.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

OH - PERA

Ribeira

25-03-2023

1:00


Viva a Loita Amada Revolucionaria

Mos

25-03-2023

Horario pendente de confirmación


Uxía e Ruibal

Pontevedra

25-03-2023

12:30


Quixote

Santiago de Compostela

25-03-2023

17:00


Quinkillada

Santiago de Compostela

25-03-2023

21:00


Rosalía

Vedra

26-03-2023

Horario pendente de confirmación


Filipa cos contos

Narón

26-03-2023

18:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG