Formulario de busca

NOVAS

Leo Bassi estará en Vilagarcía de Arousa axudándonos a descubrir o pallaso que levamos dentro

O Festaclown de Vilagarcía volve en agosto para desencaixarnos as mandíbulas, desorbitarnos os ollos coas acrobacias e despertar as nosas risas máis rebeldes. Leo Bassi será un dos nomes que encabezará o cartel deste ano e, aproveitando a súa presenza en Galicia, Culturactiva S. Coop. organiza unha acción formativa para aprender desta icónica figura do clown internacional.

“Na procura da identidade cómica” é o nome do curso que impartirá Leo Bassi os días 12 e 13 de agosto dende as 10:00h ata as 14:00h no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. As inscripcións poden realizarse a través do correo info@culturactiva.org cunha cota de 100€. 

Leo Bassi, creador e fundador da famosa Iglesia Patólica do Barrio de Lavapiés, acompañaranos a descubrir o pallaso que levamos dentro. Bassi é un auténtico bufón, un home comprometido que considera que o pallaso debe mirar directamente ao poder, mofarse del e denuncialo mediante a risa. A provocación é unha ferramenta do compromiso para este italiano que debutou con sete anos en Australia, iniciando aos 23 a súa carreira en solitario, creando os seus propios espectáculos e converténdose, co paso dos anos, nun dos clown máis coñecidos do mundo.

Baseándose na sabedoría acumulada na súa longa traxectoria persoal e herdada da súa tradición familiar, Leo Bassi desenvolve neste curso un sistema que combina a teoría con xogos psicolóxicos orixinais que animan aos participantes a descubrir o bufón que levan dentro. Un dos aspectos máis importantes destas sesións é que todos os participantes son continuamente estimulados a tomar alternativamente un papel activo e de observador crítico.

Isto alenta discusións francas en cada paso que se vai dando, obrigándoos a darse conta de como as súas accións son percibidas polos demais e que significan para eles mesmos. Conforme se vai progresando, o énfase pasa de ser unha ampla exploración da mente a ser un estudo máis centrado na comedia e nos problemas puramente teatrais, sobre como ser efectivo ante un público.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

As Alumnas

Pontevedra

27-02-2024

12:00


Made in Galiza

Ponteareas

01-03-2024

Horario pendente de confirmación


As Alumnas

Carballo

01-03-2024

21:00


Made in Galiza

Vigo

02-03-2024

Horario pendente de confirmación


Maxia sen trucos

Ponferrada

02-03-2024

18:00


Latexo Percusión

Arzúa

02-03-2024

19:00


Asemblea Xeral

Cambados

03-03-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG