Os etíopes Kine Circus, os brasileiros Circo no Ato, e as compañías estatais Máximo Óptimo, Troupe Malabó e La Finestra Nou Circ estarán de xira por Galicia
Kine Circus é unha compañía de circo etíope que nace co obxectivo o de dar un espazo de ocio e desenvolvemento aos nenos e nenas en risco de exclusión de Addis Abeba. O seu espectáculo Greed está cheo de acrobacias, fantasía, danza e vitalidade. Dispoñibles do 10 ao 15 de agosto!
Os brasileiros Circo no Ato visítanos co seu espectáculo Se Der Corda. Entre cordas, acordes e acrobacias, unha tropa en estado de xogo, risa e creación envolve a todo o público nunha roda viva. Dispoñible do 7 ao 21 de agosto e do 22 de setembro ao 3 de outubro!
Máximo Óptimo é o bufón máis famoso da rúa. Un mestre da arte da improvisación, un malabarista que che poñerá os pelos de punta. Non hai circo sen risco e Máximo lévao ao extremo. Dispoñible do 10 ao 13 de agosto!
A divertida Troupe Malabó estará con su espectáculo Karpaty. Os supervivintes do prestixioso circo ruso Karpaty Cirqué emprenden unha viaxe na busca dun lugar onde poder volver mostrar a súa arte ao público. Dispoñibles do 26 ao 30 de xullo!
La Finestra Nou Circ trae dende Valencia Royal Cirk, un espectáculo que presenta a dous personaxes de circo antigo, cansados da súa vida errante, buscando un lugar onde instalarse definitivamente e poñer o seu pequeno circo ambulante. Dispoñibles 15 ao 20 de agosto!