Formulario de busca

NOVAS

A música de Javier Otero Neira soará no San Pietro in Montorio de Roma

A música de Javier Otero Neira soará na Real Academia de España en Roma con motivo da celebración do seu 150 aniversario. O pianista estradense actuará no Templete de San Pietro in Montorio co seu espectáculo “Xogo de Espellos”. Será o vindeiro 28 de abril nun dos actos que a institución organiza para festexar e dar a coñecer a súa historia.

“Xogo de Espellos” é un proxecto creado por Javier Otero Neira para piano, electrónica e  orquestra que nesta ocasión estrea a súa versión para piano e electrónica. Nel, o piano funciona como  fío condutor nunha clara aposta pola vangarda, con influenzas da natureza e da vida cotiá.

Javier Otero Neira iniciou este proxecto xunto á Real Filharmonía de Galicia o pasado mes de febreiro no Auditorio de Galicia e nel recolle cancións dos seus discos “Reconstruction” e “Saraiba” xunto a temas de nova creación e poemas en galego da súa propia autoría.  Unha aposta experimental e contemporánea coa que Javier procura achegarse ao público internacional nunha xira que o levará a mostrar a súa obra en varias cidades europeas.
 
Javier Otero Neira defínese a si mesmo como un artista polifacético e experimental. Inmerso na gravación dun disco con música para piano de Haydn, continúa ca súa carreira paralela coa súa música. A súa versatilidade e interese en todo tipo de músicas levouno a asinar o seu contrato de Artista Yamaha no ano 2018. Con dez traballos discográficos ás súas costas, continúa facendo o seu propio percorrido polo mundo musical. 
 

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Latexo Percusión

A Coruña

01-10-2023

Horario pendente de confirmación


Bregadiers

Tordoia

01-10-2023

13:00


Saaabor!

Cerdido

01-10-2023

19:00


Encerrona

Carballo

01-10-2023

20:30


4.0

Melide

02-10-2023

Horario pendente de confirmación


Concerto singular

Tineo

05-10-2023

18:00


70

Pontevedra

05-10-2023

21:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG