Formulario de busca

NOVAS

O Sonoro Maxín anuncia as primeiras datas da súa xira!

O Sonoro Maxín volve á estrada para percorrer as pistas estourando a Galicia tropical en cada concerto. Coa súa nova xira, "A primavera ten que ser nosa", recollen gran parte do seu repertorio nestes 15 anos de vida coas raíces na música máis popular e bailable de distintos lugares do mundo

Anota as datas para non perder!

Ourense - Sala Auriense ás 21:00h. Entradas á venda na sala. 
Ourense - Sala el Pueblo ás 21:00. Entradas á venda na sala.
Mós - Sala Rebullon ás 19:00h. Entrada anticipada en Wegow e á venda na propia sala.
Bueu - Sala Aturuxo ás 12:30h. Entrada anticipada en Wegow e á venda na propia sala.
Vilar de Santos - Arca da Noe ás 21:30. Entrada anticipada á venda na propia sala.

O cerne que vertebra o espectáculo é a personalidade propia do conxunto que acolle, baixo as súas pólas, diferentes estilos musicais como a cumbia, o forró, o merengue e o rock, inventando as cancións da Galiza tropical e ofrecendo as súas flores e froitos convencidas que a primavera aínda está por chegar. 

Xa o din eles:

"Regresarán as cegoñas. Agromará a ameixeira. Os sapos volverán cantar con forza, coma nós. Temos as raíces na terra e o ramo florido. A primavera ten que ser nosa".

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

PALABRAS

Rois

23-05-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Ferrol

23-05-2024

19:30


O dragón de ouro

Neda

23-05-2024

20:30


Sebo de Ghrilo

Cans

25-05-2024

13:30


Indóciles

Santiago de Compostela

25-05-2024

19:00


Concerto singular

Arteixo

26-05-2024

17:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-05-2024

20:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG