Formulario de busca

NOVAS

Troula á conquista do Sziget Festival de Budapest, o festival multicultural máis importante de Europa

Troula, estará presente no prestixioso "Sziget Festival" de Budapest, Hungría. É un dos eventos multiculturais máis importantes de Europa, con máis de 30 edicións e unha programación que inclúe máis de 1000 espectáculos de todo o mundo. Compartirán cartaz con artistas como Billie Eilish,
David Guetta ou Imagine Dragons.

Entre os días 10 e 16 de agosto, Troula fará seis representacións de "O estrano caso do dentista da Rúa Brasov",  espectáculo inspirado na música balcánica, a estética de 1900 e o universo de Tim Burton que narra a intrigante historia do doutor Krakmhu Elah. Este dentista do Leste de Europa percorre vilas e cidades no seu carro de consulta ambulante en busca de clientes. Pero o que ninguén sabe é o seu estrano pasado e a súa estrana obsesión que pouco a pouco vai descubrindo a través de xiros inesperados, feed backs, maxia, clown e, sobre todo, a interacción co público.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Concerto singular

Tineo

05-10-2023

19:00


70

Pontevedra

05-10-2023

21:00


Concerto singular

Caso

06-10-2023

12:30


Circando

Piloña

06-10-2023

18:00


Os Bregadiers

Ponferrada

06-10-2023

19:30


70

A Estrada

06-10-2023

21:00


Mercedes Peón

Pontevedra

07-10-2023

21:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG