Formulario de busca

NOVAS

Volve o Magiclown!

O Magiclown converteuse nun dos festivais de referencia a nivel estatal no mundo do clown na súa primeira etapa e rexorde despois de 10 anos para levar a Sant Josep de sa Talaia algunhas das mellores propostas artísticas do momento.

Con ese obxectivo, o festival que organiza o Concello de Sant Josep de Sa Talaia e xestiona Culturactiva, contará neste retorno co polifacético Pepe Viyuela, o transgresor Leo Bassi ou as axitadoras Las XL nun cartel con máis de 30 espectáculos concentrados nos primeiros días do próximo mes de maio. E todo iso na atractiva localización do Auditori Calou de s’Oli, co que o Magiclown aspira a recuperar o seu lugar entre os mellores festivais de artes circenses do estado.

Pero ademais do nivel da programación, moitos dos artistas contribuirán ao festival tamén dirixindo interesantes sesións formativas e cursos nos que compartirán a súa experiencia con todo aquel que se queira achegar á experiencia do mundo circense. 

Pepe Viyuela será o encargado de inaugurar este reencontro co Magiclown co seu espectáculo ‘Encerrona’ o próximo 1 de maio. Ao longo da semana seguinte pasarán polo festival grandes nomes do circo e do clown como Iván Prado, Leo Bassi e Pablo Muñoz, que actuarán para o público insular e impartirán os talleres de maxia e clown, e as compañías Circo Chosco, Col.lectiu Frenetic, Píscore, As XL e a belga Okidok, entre moitas outras. O programa inclúe tamén animación musical, xogos populares e unha paella solidaria, ademais de distintos eventos paralelos para os centros escolares do municipio, aos que se quere achegar a experiencia do mundo circense.

O Magiclown non é só un festival de maxia e circo, senón que tamén conta cunha compoñente solidario da man da ONG Pallasos en Rebeldía, que desenvolve o seu traballo en territorios en conflito como Palestina ou o Sahara. Para axudar a que poida seguir co seu labor de levar alegría a todos os recunchos, durante o festival celebrarase unha gala solidaria cuxa recadación irá integramente á organización. 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O dragón de ouro

Narón

20-04-2024

Horario pendente de confirmación


Royal Circ

Santiago de Compostela

20-04-2024

18:00


Via Morta

Vimianzo

20-04-2024

20:30


O secuestro da bibliotecaria

Tomiño

21-04-2024

17:30


Via Morta

Sarria

21-04-2024

20:00


Vicki e a felicidade

Carballo

23-04-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG