Formulario de busca

NOVAS

Xogo de espellos

Javier Otero Neira e a Real Filharmonía de Galicia

O músico galego Javier Otero Neira vén de presentar no Auditorio de Galicia o seu novo proxecto xunto a Real Filarmonía de Galicia, "Xogo de espellos".

Todo un reto para os mais de 60 músicos participantes que conseguiron combinar os sons orquestrais coa electrónica e o piano. Unha experiencia novidosa e única envolta en elementos audiovisuais que pretende achegarse ao público máis mozo.

É a primera vez en España que unha orquestra colabora nun proxecto tan innovador e persoal nunha clara aposta pola música actual.

Javier Otero Neira defínese a si mesmo como un artista polifacético, e máis que nunca, experimental. A súa versatilidade e interese en todo tipo de música levouno a firmar o seu contrato con Yamaha Artist en 2018. Gañador de primeros premios en concursos nacionais e internacionais, decide emprender o seu propio camiño no mundo profesional.

No seu último traballo, 'Saraiba', mestúranse o piano e a electrónica cunha clara aposta pola estética contemporánea.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

OH - PERA

Ribeira

25-03-2023

1:00


Viva a Loita Amada Revolucionaria

Mos

25-03-2023

Horario pendente de confirmación


Uxía e Ruibal

Pontevedra

25-03-2023

12:30


Quixote

Santiago de Compostela

25-03-2023

17:00


Quinkillada

Santiago de Compostela

25-03-2023

21:00


Rosalía

Vedra

26-03-2023

Horario pendente de confirmación


Filipa cos contos

Narón

26-03-2023

18:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG