Formulario de busca

NOVAS

Culturactiva estrea o espectáculo Máis saaabor!: gastronomía, música, maxia e moito humor para todos os públicos

Culturactiva Producións estrea esta semana a súa nova proposta teatral: Máis saaabor!. Un espectáculo protagonizado por Fran Rei e Félix Rodríguez, baixo a dirección de Avelino Rodríguez, que se presenta por primeira vez este xoves, 4 de xullo en Cambados, ás 21 horas na Praza do Concello.

Despois de máis de 200 funcións de Saaabor!, chega Máis saaabor!, a agardada continuación deste espectáculo teatral de gastronomía en clave cómica. Máis saaabor! presenta a dous chefs que traen un menú saudable cheo de música, maxia e ritmo. Nesta cociña vanse preparar pratos dos cinco continentes, unha dieta variada e divertida, feita con produtos de proximidade e cociñada a base de música e humor. Unha visita cómica ao mundo dos fogóns dirixida a público familiar.

Trala súa estrea en Cambados, Máis saaabor! arrancará unha xira que a levará aos seus chefs por toda a xeografía galega: Carnota o venres 5 de xullo, San Cibrao das Viñas o 15, Paradela o 19, Vilaboa o 20, Vimianzo o 27 e Foz o 30 de xullo. En agosto e setembro visitarán outros lugares da xeografía galega como Boiro, A Pobra do Caramiñal, Oroso ou Poio, e máis datas por confirmar.

Producida por Culturactiva S. Coop. Galega e por Félix Rodríguez, este espectáculo conta con escenografía de Kukas, vestiario de Bety Busto e o asesoramento en maxia de Dani García, así como un atrezzo elaborado por Félix Rodríguez, Fran Rei e Borja Insua.  

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Ghrelo Power

Silleda

05-10-2024

13:30


Palabras

Arzúa

05-10-2024

18:00


As Alumnas

Oleiros

05-10-2024

20:30


Enredada

Touro

05-10-2024

20:30


De cando os animais cantaban

Leiro

05-10-2024

21:00


Molto Barroco

Sangüesa

06-10-2024

18:00


Tavole

Lugo

06-10-2024

18:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG