Indóciles, un espectáculo de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, estreouse esta semana con dúas representacións: unha preestrea en Soutomaior o xoves, 22 de febreiro, e a estrea en Santiago de Compostela o venres, día 23, no marco do Festival Rosalía.
Música, poesía e narración danse a man para achegar ao público a obra de Luísa Villalta no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Villalta foi unha autora comprometida e versátil, cun legado literario provocador e rebelde. A proposta de Indóciles é tamén provocadora e rebelde, coa narradora oral Vero Rilo, a resitadora Nuria Vil e a música de Mónica de Nut.
Logo da súa estrea, Indóciles ten datas previstas Sada e na Cidade da Cultura para celebrar o mes das Letras Galegas.