O cuarteto de comedia musical e xestual Píscore vai estar por primeira vez no continente americano para representar o seu ‘Concerto singular’, un espectáculo fascinante no que 16 baquetas compiten por extraer melodías nunha soa marimba. Gañador do Premio do Público do Festaclown, o elenco formado por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas convidará ao público colombiano a deixarse sorprender por este concerto familiar dirixido por Fran Rei.
As dúas actuacións programadas do ‘Concerto singular’ terán lugar no Patio Teatro do Claustro Comfama, os días 4 e 5 de novembro, no marco do Festival de Teatro Comfama San Ignacio, unha convocatoria que reune 233 artistas invitados, con 96 propostas internacionais e 137 nacionais, e na que as salas de teatro convivirán coas estacións de metro como escenario de representación das diversas obras.
Estas actuacións son posibles grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.