Iván Prado imparte novos obradoiros de clown na xira ‘Payaseando a existencia’
Comeza a xira ‘Payaseando la existencia’, unha serie de obradoiros de clown que impartirá Iván Prado ao longo de máis de 10 cidades de España, México e Colombia. ‘Voz e risa’, ‘Clown sistémico’ ou ‘Oxitocina e clown’ serán algunas das temáticas dos talleres do primeiro semestre do ano 2025.
A xira desprázase en xaneiro á Cidade de México, Barcelona e Xabea (Alicante). A partir de febreiro, marzo e abril, os talleres cursarán en Palencia, de novo Xabea, Donostia, O Condado (Pontevedra), Albacete e Mallorca (que contará cun segundo taller en maio). E, finalmente, pasarán por Tenerife no mes de xuño.