A obra de teatro inclusivo Nada se sabe fará tempada no Salón Teatro de Santiago de Compostela desde o xoves 16 de xaneiro
O vindeiro xoves 16 estréase en Santiago de Compostela a obra de teatro inclusivo Nada se sabe no Salón Teatro. A función virá acompañada dunha posterior celebración con sesión a cargo de DJ Fran Rey. A producción nace impulsada polo Centro Dramático Galego xunto con Culturactiva Producións, nela catro intérpretes con discapacidade cuestionan a visión que a sociedade ten sobre a diferenza.
A obra dirixida por Ignacio García e Fran Rei, con texto de Manuel Lourenzo, contará con máis de 20 pases entre o 16 de xaneiro e o 9 de febreiro. Todas as funcións, a excepción da estrea, serán de mércores a domingo, ás 18:00h da tarde.
Nada se sabe conta coas seguintes medidas de accesibilidade:
-
Interpretación a LSE durante todo o espectáculo.
-
Visita táctil nas funcións dos sábados e domingos, ás 17h.
-
Audiodescrición: debe solicitarse na billeteira media hora antes da función. As persoas que o soliciten deben levar os seus propios auriculares.
-
Programa de lectura fácil.
Haberá ademais unha postfunción co equipo artístico nas funcións dos venres, ao remate do espectáculo.