Formulario de busca

NOVAS

Chega a maior edición do Brión Inclúe

Brión Inclúe cumpre 4 anos por todo o alto, cunha edición que terá máis actuacións e calidade que nunca. Do 1 ao 12 de decembro Brión convertirase na capital galega da inclusión con contacontos en lingua de signos, espectáculos de danza, humor, teatro e música para todos os públicos. Unha oferta organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionada pola Deputación da Coruña, cofinanciada por Gadis e Froiz e coa colaboración de Hotel Balneario Compostela e Restaurante Kratos.

Tras máis dun ano marcado pola pandemia, Brión Inclúe volve con forzas renovadas e prestando especial atención a artistas e entidades locais como Ruth Cundíns, Asociación Art For Dent, a Escola de Pandeiretas de Brión e diversos establecementos comerciais. No mesmo sentido, e por primeira vez, os catro centros educativos de Brión participan no festival. “Acadar a plena inclusión non é posible sen educación e sen implicar ao público máis novo, por iso dende a administración consideramos fundamental levar proxectos pioneiros como Brión Inclúe ás nosas escolas e institutos”, indicou o alcalde brionés.

Tamén por primeira vez presentarase unha coprodución do propio festival e Pedro Brandariz: Inclucontos, cuxa estrea mundial terá lugar o venres 10 ás 18:00h no Centro social polivalente. O outro plato forte desta IV edición será a obra El Triciclo, da Escola Municipal de Teatro Ricardo Iniesta de Úbeda, que recibiu un Premio Max de las Artes Escénicas o pasado ano. A obra representarase o sábado 11 ás 20:00h no Centro social polivalente, e o día anteior o público terá a posibilidade de coñecer á responsable do proxecto, Nati Villar, nun encontro nese mesmo centro.

O obxectivo de Brión Inclúe é, por un lado, servir de escaparate para aqueles colectivos que traballan na inclusión social a través das artes, e, por outro, normalizar e visibilizar a diversidade funcional como parte propia da cidadanía a través das creacións culturais de persoas con distintas capacidades. Un festival que tamén aporta integración ás familias destas persoas, que vivirán a integración real, o acceso integral á cultura e os beneficios que isto achega á elas mesmas e a toda a sociedade.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Rematou o simulacro

Lugo

19-04-2024

Horario pendente de confirmación


O dragón de ouro

Narón

20-04-2024

Horario pendente de confirmación


Royal Circ

Santiago de Compostela

20-04-2024

18:00


Via Morta

Vimianzo

20-04-2024

20:30


O secuestro da bibliotecaria

Tomiño

21-04-2024

17:30


Via Morta

Sarria

21-04-2024

20:00


Vicki e a felicidade

Carballo

23-04-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG