Formulario de busca


Javier Otero defínese a si mesmo como un artista polifacético, e máis que nunca, experimental. De formación “clásica”, sempre estivo interesado en todo tipo de músicas. Ten catro traballos discográficos: (Impromptus, Galician Folk Songs, Vibrations e Reconstrucion) ademais de dous sinxelos de piano e electrónica
(Intuition).

Javier Otero sempre mantivo unha actividade paralela á súa carreira como pianista no mundo da cultura. É o director artístico do Piano Meeting (Festival de pianos na rúa), e o creador dos “Silent Wifi Music Experience” (Concertos ao aire libre, nos que o son chega a uns auriculares cunha tecnoloxía WIFI). 

En directo, Javier Otero toca o piano e sintetizadores. Ademais, está acompañado por Rubén Iglesias, que toca o baixo eléctrico e tamén sintetizadores. A posta en escea dos dous músicos acompaña a este proxecto que conxuga vangarda coa esencia do piano e a música electrónica.



Máis artistas do catálogo

Jam

+ INFO
Rolabola

Rolabola

+ INFO

Os Carunchos

+ INFO
Uxía & Ruibal

Uxía & Ruibal

+ INFO