Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok. A día de hoxe, acumula decenas de miles de seguidoras nas redes sociais, converténdose nunha "taberneira virtual".
Utiliza a retranca para realizar crítica social dende unha perspectiva feminista e en galego e conta con milleiros de seguidores en Instagram e Tiktok.