Jastac Japi Jolidais
Ficha artística
Elenco espectáculo
Leti Da Taberna
Duración minutos
70min
Sinopse
Ata que punto desfrutamos do tempo de lecer? Vivimos como desexamos? Pasamos once meses ao ano ansiando as vacacións? Viaxamos por pracer ou postureo? Cal e o prezo da turistificación?
J...
Ata que punto desfrutamos do tempo de lecer? Vivimos como desexamos? Pasamos once meses ao ano ansiando as vacacións? Viaxamos por pracer ou postureo? Cal e o prezo da turistificación?
JASTAC JAPI JOLIDAIS (JJJ) non responde seriamente a ningunha destas preguntas, pero vas escachar de risa acompañando a Leti da Taberna nunha exótica viaxe chea de aventuras . JJJ é un espectáculo que vai máis alá do monólogo; con teatro físico, retranca e irreverencia irás de vacacións polo mundo sen moverte do teu asento. Prepara a túa cámara selfie e abre as túas redes sociais, que marchamos de viaxe con JASTAC JAPI JOLIDAIS!!!