Formulario de busca

Vol'e Temps


Vol'e Temps

Premio FETEN 2019

A compañía Vol'e Temps nace no 2012, da man de Sara Ortiz (Narbonne, Francia) e Albert Moncunill (Igualada, España), tras dous anos de formación especializada na Escola de Circo e Teatro de Granada (CAU).

Co seu espectáculo Mundos de papel teñen realizado polo de agora 120 funcións e viaxado por parte de Europa, por países como Italia, Lituania, Suíza, Austria, Alemaña, Francia, Bélxica, Portugal e Irlanda, pasando polos festivais e feiras máis punteiros de Europa como La Mostra d’Igualada, La Fira de Circ de Trapezi, o FIT de Carrer de Vila- Real, Feira de Teatro no Sur de Palma del Río, Fira Tàrrega, Fira de Circ al Carrer da Bisbal d´Empordá, Temudas Fest das Palmas, Festival Sul Filo do Circo (Italia), FITC de MAIA (Portugal), Chalon dans la Rue (Francia), Festival Internacional de Teatro de Rúa de Aurillac (Francia)...

En 2016 a compañía aplica a súa experiencia e bagaxe para dar forma a un espectáculo de creación propia, Bert y yo, e en 2017 comezan a produción dun novo espectáculo, contando cun equipo profesional con moita experiencia no mundo da creación circense e teatral andaluza. Nunha primeira fase comezan o traballo actoral con Antonio J. Gómez (El Gran Dimitri), para máis tarde completar a creación baixo a dirección artística e dramaturxia de Lapso Producións. Con música orixinal de Daniel Maldonado “Sam”, e unha potente escenografía de Carlos Monzón, nace DistanS en maio de 2018: un espectáculo de teatro-circo cunha linguaxe poética e unha grande beleza e sensibilidade.



Máis artistas do catálogo

Imaginart

Imaginart

+ INFO
Kanbahiota

Kanbahiota

+ INFO
Artefeito

Artefeito

+ INFO
O cego na feira

O cego na feira

+ INFO