* Premio FETEN 2019
* Premio Lorca Espectáculo de Circo 2019
* Premios PACA mellor Direccción, mellor posta en Escea e mellor Artista Masculino
DistanS é o espectáculo de 2019 e 2020 do circo español. Unha gran peza con multitude de premios e mencións que pasou polas mellores programacións. Un espectáculo imprescindible que destaca pola súa excelencia, excelencia técnica, escenográfica, acrobática, humorística... un espectáculo que é unha verdadeira delicia e non te podes perder.
DistanS é unha viaxe a través das emocións, nun espazo visual e sonoro que envolve escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido. Unha obra que fala da amizade, dos recordos que seguen vivos nos nosos corazóns máis aló dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.
Ler máis