Despois de varios encontros e entrenamentos compartidos, e vendo posibilidades a unha carreira profesional en común, Rodrigo Lacasa e Sara Álvarez, empezan a súa andadura en conxunto en Bilbao (Bizkaia) no ano 2019, formándose en disciplinas de dúo e tomando cursos con diferentes profesionais do sector. A partir de ahí, comezan a realizar pequenos espectáculos e números cortos, formando unha boa base sólida que consolida á compañía, especializándose en distintas disciplinas acrobáticas, como o man a man e a percha, e seguindo con cursos e intercambiando información e encontros entre colegas.
Despois destas pequenas intervencións e mostras ao público, a ambos lles move a inquedanza e necesidade de crear un espectáculo diferente, orixinal e sorprendente. É por iso que en maio do 2022 estrean MUTE na feira Umore Azoka de Leioa (Bizkaia) cunha gran acollida por parte do público e moi boas críticas, gañando así o Premio ao Mellor Espectáculo de Euskadi. A partir de aquí empezan a xirar, disfrutando e facendo rir ao público facendo o que máis lles gusta.... ¡Circo!