Formulario de busca

Circo no Ato



En tres anos, o Circo no Ato consolidouse como unha das máis celebradas compañías de circo no Brasil con tres espectáculos: Um dia de João, con máis de 100 representacións; Febril, en coprodución co Crescer e Viver, e xerado nunha residencia na Central del Circ, en Barcelona; e A salto alto – Entre gentilezas e extermínios, estreado en xuño do 2016.

Circo no Ato xirou por Rio de Janeiro e Brasilia, percorreu cidades con pouco acesso á cultura e barrios da capital fóra do eixo Centro-Zona Sul. Participou no Festival Internacional de Circo do Rio de Janeiro, o Festival Sesc de Circo em São Paulo, o FIL – Festival Intercâmbio de Linguagens no Rio de Janeiro, i Festival Paulista de Circo, ou o Festival de Circo de Campo Mourão, entre outros. Obtiveron ademais o Prêmio Carequinha/Funarte en 2013, venceron na Mostra Competitiva de Circo do FIl en 2014 e recibiron o premio Viva a Arte!, que lles permitiu levar adiante a creación do espectáculo que traen a Galicia.



Máis artistas do catálogo

La Finestra Nou Circ

+ INFO

Jam

+ INFO

Queralt Lahoz

+ INFO
Celina da Piedade

Celina da Piedade

+ INFO