Formulario de busca

Desastronauts



Raquel Veganzones e Girisho Gordon, graduados ambos da escola The Circus Space de Londres, formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e pasan a chamarse Desastronauts en 2009. A súa traxectoria ten levado as súas impresionantes acrobacias por medio mundo: co seu espectáculo Too High estiveron de tour co circo británico Happy's Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres. Gordon chegou a participar no espectáculo de apertura das Olimpiadas Asiáticas en Qatar, e Veganzones levou o seu trapecio ata o Caribe ou a India.

Entre tanta viaxe, chegou o momento no que o seu traballo os trouxo preto de nós, e, como tanta xente, quedaron. Logo de debutar co espectáculo de rúa Calleret en Santiago de Compostela e en distintas programacións do país, tomaron a capital galega como base, creando alí o show Un día de praia, co que xiran por innumerables teatros e rúas galegas en solitario e en programacións de Culturactiva como Pistactiva e Ruactiva. En 2010 conseguiron unha bolsa da Unión Europea e saiu á luz un novo traballo que dá outro xiro á súa carreira: Losing Grip, unha obra na que a acción ten lugar no aire en todo momento, arriscada, anovadora, orixinal e chea de calidade. Dende entón, continúan impresionando ao público cos seus espectáculos de altura, humorísticos e imaxinativos.



Máis artistas do catálogo

A Cova das Letras

+ INFO
Trio Detrés

Trio Detrés

+ INFO
Rolabola

Rolabola

+ INFO
A Vela Circo

A Vela Circo

+ INFO