Formulario de busca



Os Monifates son un dúo cunha ampla experiencia musical, formado por un músico e un artesán que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións. Nacen coa filosofía de transmitir un son diverso e dinámico. Aínda que só se vexa un dúo, créase amplitude grazas á variada instrumentación que empregan: o eixo central está formado pola gaita tradicional, o bombo e a zanfona, intercalando entre as melodías outros trebellos coma o pínfano, os punteiros, ou a gaita tumbal do século XIX, ademais de diversa instrumentación de percusión como culleres, castañolas de peito, táboa de lavar...

As súas actuacións contan coa colaboración dos máis diversos bailaríns (títeres). En definitiva, Os Monifates ofrecen animación versátil en formato acústico. Non precisan equipo de son nin palco, e o seu espectáculo está encamiñado a animar pequenas prazas, feiras, ou calquera tipo de evento onde preste escoitar un pouco de música tradicional nun formato do máis orixinal.



Máis artistas do catálogo

Compañía Adrián Conde

Compañía Adrián Conde

+ INFO
Catropés

Catropés

+ INFO
Kanbahiota

Kanbahiota

+ INFO
Bambolea & Alas Circo

Bambolea & Alas Circo

+ INFO