Formulario de busca

Rudi Dudi



Nacido en Genk (Bélxica), Rudi Dudi leva toda a vida no teatro, no novo circo e nas actuacións polas rúas. Formouse na Escola de Mimos de Antwerpen e nos anos oitenta traballou como actor, director e autor teatral en Bélxica. Nos noventa, accedeu ao circuíto de Teatro na Educación de Irlanda e tras case unha década dedicado á narración oral naquel país, centrouse na súa carreira de clown, xirando por toda Europa até que decide instalarse en 2005 como artista total en Galicia.

Rudi ten alma de viaxeiro, de vagabundo, de nómade. Dende moi novo, acompáñao unha das súas mellores pertenzas. A máis querida, a máis especial. Unha maleta máxica que herdou do seu avó. Aló garda toda a súa vida, un mundo enteiro, todo o que precisa para vivir e facer rir. Nesa maleta non falta nin o seu talento nin o seu humor e, desde logo, o que nunca falta é o nariz vermello de pallaso.



Máis artistas do catálogo

Vaya

Vaya

+ INFO
Isla LeTriska

Isla LeTriska

+ INFO
Lois Pérez

Lois Pérez

+ INFO
Pallasos en Rebeldía

Pallasos en Rebeldía

+ INFO