St. James Dixie Band
St. James Dixie Band
Bio
St. James Dixie Band é un proxecto creado en 2008 por Oscar Prieto coa finalidade de levar o jazz ás rúas. Cidades como Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Co...St. James Dixie Band é un proxecto creado en 2008 por Oscar Prieto coa finalidade de levar o jazz ás rúas. Cidades como Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Madrid, Cangas, San Fernando de Henares, Baiona, Ferrol, Lekeitio, Elgeta ou Oporto puideron coñecer estilos como o dixieland, o second line e o swing, rsoando nas súas pedras a ledicia da música dos anos 20, cun amplo repertorio de temas frenéticos e melancólicos acorde co mare mágnum que se vivía na época.
No 2017 graban o seu primeiro traballo ainda sen publicar e en 2023 estrean na homenaxe a Xaquín Marín o que será futuro traballo discográfico poñendo música ás verbas de Rosalía de Castro.
Dende 2018 a St. James Dixie Band minimalízase na busca de darlle voz a todo o repertorio daquela época. Para isto Oscar Prieto na tuba conta coa axuda de Fausto Escrigas no saxo soprano, Xoán Padín na voz e washboard e Juan Cabe na guitara e banjo.