Detrás do nome de Caxoto escóndese Felipe Díaz, narrador oral que leva case 20 anos dedicándose a levar os seus contos a todos os lugares aos que se achega. A pesar de que nos seus espectáculos prima a narración oral, tamén se nutren de outros elementos como a música, o baile, a papiroflexia...
O seu repertorio está moi vinculado ao formato de relato tradicional, relato literario, relato histórico, historias de vida e contos propios.Na súa traxectoria contou por toda Galicia con incursións ao resto do estado.