To drop and let go
Ficha artística
Masterizado por: Alexis Kevork
Sinopse
Jorge da Rocha combina elementos acústicos e electrónicos (contrabaixo, guitarra, voz, loop) para crear un directo innovador. Este músico multiinstrumentista propón unha viaxe sonora e emocional entre os seus traballos xa publicados To Drop and Let Go e These are a few of my favorite songs con temas de BLAU, un novo traballo que verá a luz en 2020, un universo musical desgarrador, que se move entre a luz e a beleza da escuridade.
Da Rocha rompe as fronteiras da súa traxectoria jazzística incorporando a súa paixón pola música moderna e alternativa, polas músicas do mundo, a electrónica e o formato canción.
Nos seus directos Jorge da Rocha preséntase só no escenario cun contrabaixo e varios pedais de efectos (loopstation, reverbs, delays, etc.) creando así ambientes sonoros moi orixinais e inesperados. O músico sorprende ao público que non agarda tal masa sonora proveniente só da voz e o contrabaixo.