Galifunk
Ficha artística
Sinopse
Galifunk é unha formación de dez amigos músicos que se ten consolidado como a Brass Band máis potente e orixinal de Galicia, rompendo moldes no panorama nacional. Nace coa misión de achegar a música de vento a todos os públicos, bebendo de referentes como Lucky Chops, Youngblood ou Funky Style Brass, pero achegando un son propio.
O seu repertorio é unha explosión de ritmo que abrangue versións de funk, soul, disco e R&B, que van dende os anos 70 ata os éxitos máis actuais en diferentes formatos temáticos. Galifunk distínguese pola súa audacia instrumental, incorporando o rap e a electrónica co uso dun elemento tan sorprendente como o Talkbox.
A experiencia de Galifunk é sinónimo de adrenalina pura, un directo interactivo e totalmente bailable, garantindo a festa coa súa mestura de improvisación e virtuosismo.