Historias de Amor y Otras Mierdas
Ficha artística
Tony Moreno: Voz principal
Manuel Collados: Guitarras, voz
Zeke Olmo: Percusións, batería, teclados
Jimi García: Trompeta, coros
Pruden V. Flores: Trombón, coros
Pepegu Cabrerizo: Baixo
José Uribe: Batería
Sinopse
Booking para Galicia.
Ai, o amor. O romántico. O familiar. O da amizade. O "amádevos uns aos outros". Amor e desamor. Amor tóxico e amor propio. Amor que agranda e amor que empequenece. Todas as caras e significados deste poderoso sentimento aparecen reflectidas no oitavo álbum de estudo de Eskorzo: Historias de amor y otras mierdas.
A banda granadina está xa perto de facer 30 anos de carreira. E o asombroso é que non deixan de crecer, de sorprender en cada paso. A súa traxectoria resulta exemplar. Ensancharon e enriquecerono concepto de mestizaxe, consolidados con xiras internacionais e sempre abertos a experimentar con ritmos quentes de diversos territorios. A formación liderada por Tony Moreno funciona como un marabilloso laboratorio de músicas cunha natureza que é, á fin, festexar en directo.