Passport é a historia de catro cómicos de xira por un país que se chama Komedistan. Os problemas na aduana para entrar no país, o conflito co idioma nun restaurante, hospedarse nun hotel desastroso e o antes e despois dunha función resumen a experiencia de traballar no estranxeiro. PASSPORT é unha homenaxe ás compañías de teatro e ás súas divertidas aventuras polo mundo. Con sketches doutros espectáculos e novos, en PASSPORT, catro cómicos lévannos a unha delirante viaxe polos cinco continentes, ademáis de retratar de forma disparatada as mil e unha anécdotas nas súas odiseas en aeroportos, estacións de tren, furgonetas... Comicidade vertixinosa sen palabras para tódolos públicos"