Un pallaso disfrazado de persoa chega tarde ao seu espectáculo. O camerino está tralo escenario e o público agardando. Como fará para vestirse diante de tanta xente? Por sorte, na súa maleta cabe un mundo, e no seu un mundo un pequeno camerino. Un colgadoiro de dous metros, narices de pallaso que se multiplican e ata unha gravata de 28 metros de longo fan deste espectáculo algo distinto.
Ler máis