Adrián Conde é ilusionista, produtor e director dos seus propios espectáculos, que leva presentados en máis de 23 países. Esta compañía asturiana pertence dende 2018 á Asociación Te Veo dedicada ao teatro infantil e xuvenil e á Fundación Abracadabra, que achega maxia aos sectores máis desfavorecidos. Tamén forma parte da Asociación de Magos de Oviedo e de Scene Asturias.