Play Time
Ficha artística
Produción: Cía Bergamotto
Posta en escea: Mario Gumina
Coaching: Enric Ases, Michaël Gueulette (Gromic)
Manipulación de obxectos: Jérôme Thomas, Asier Garnatxo
Música orixinal: Fratelli La Strada
Vestuarista e obxectos de escenario: Erika Perotti
Sinopse
Un espectáculo que nos convida a unha viaxe polo mundo da paternidade e, máis en xeral, pola predisposición a coidar dos demais.
Así como Gepetto de súpeto descobre ser pai grazas á súa marioneta, Bergamotto contaranos as vivencias cotidiás co seu pequeno osiño de peluche, con quen vivirá miles de aventuras. Unha historia que nos deixará descobrir a intimidade da familia Bergamotto, onde cada día sempre hai boas excusas para celebrar a vida.
Unha obra minimalista, caracterizada por momentos tenros e ás veces absurdos que intenta, usando a linguaxe non verbal, crear breves momentos de poesía escénica.