Poeta (perdido) en Nueva York
Ficha artística
- Texto, dirección e interpretación: Jesús Torres
- Escenografía e vestiario: Juanjo González Ferrero
- Coreografía: Mercé Grané
- Produción: Iván Flores
- Deseño de iluminación: Jesús Díaz Cortés
- Videoescena: Leonardo Lapeña
- Fotografía: Moisés F. Acosta
- Espacio sonoro: Alberto Granados Reguilón
- Audiovisual e xiratorio: Antonio Villar
- Maquillaxe: Olaya Moreno, Irene López
Sinopse
A viaxe que cambiou a vida de Federico García Lorca. Unha adaptación teatral que combina o poemario de Lorca e as cartas que enviou á súa familia dende Nova York.
Federico viaxa á Gran Cidade buscando a paz que non atopa en Madrid, pero dáse de bruzos co Nova York do crack do 29. A deshumanización e a depresión que atopa alén do océano asolaga a súa poesía e cámbiaa para sempre. A través dos seus poemas e cartas, coñeceremos ao Federico máis íntimo e humano, ao mozo que viaxa a unha gran urbe para perderse e atoparse a si mesmo. Poemas como "O rei de Harlem", "Ciudad sen soño" ou a "Oda a Walt Whitman" combínanse con outros poemas do "Diván do Tamarit", cartas e obras como "O público" para achegar a poesía de Lorca ao público novo e adulto nunha impoñente posta en escena.
O espectáculo vai a acompañado dun videoxogo sobre Federico García Lorca e a súa viaxe a Nova York.