Leo Bassi volve posicionarse fronte á extrema dereita cun espectáculo nado do auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista. Yo, Mussolini é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia. E é que a mensaxe máis importante de Eu, Mussolini é que o fascismo crece polo medo que xera, e que o mellor antídoto contra ese medo é o sentido do humor.