Viyuela é un dos artistas cómicos máis coñecidos de España, nas táboas e na pantalla, desde as súas participacións no Un, Dos, Tres ao Chema da serie Aída, ou o Filemón de Mortadelo e Filemón. No 2016 mereceu un Premio Max polo seu papel protagonista no Rinoceronte de Ionesco.
Na súa clásica Encerrona preséntanos unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do pallaso. O protagonista vive a experiencia de quedar atrapado nas táboas: cando entra en escena, non sabe onde se está metendo. O personaxe enganado entra alí porque lle indicaron ese camiño, e atópase co público. El non vén actuar pero vese obrigado a iso. O terror ás miradas dese público lévao a querer escapar, a buscar unha saída. Pero “alguén invisible” impídelle escapar e obrígao a permanecer no escenario, enfrontándose a eses ollos que non se arredan del.