Este proxecto mestura ficción, realidade e circo. Trapecio voante, roda Cyr, danza vertical, el salto á piscina máis pequena do mundo, equilibrio sobre botellas e manipulación de obxectos son algúns dos elementos principais desta creación, así como o vídeo e a música. O universo sonoro será creado en directo dende un set de DJ e altofalantes móbiles enmarcado por unha escenografía de 9 metros de altura. TEMAZO: Dise de aqueles estímulos sonoros e musicais que fan vibrar o corpo e a mente desatando intensas emocións. Según Wikipedia, SAVE THE TEMAZO é unha ONG internacional que loita por rescatar os valores da música, investigando as conexións musicais e sonoras que existen no mundo e a súa influencia a nivel social, cultural e artístico. Recentemente creouse a Delegación Española SAVE THE TEMAZO con sede en Valencia, formada por unha equipa de 4 artistas de circo, unha directora escénica, unha asistente coreográfica, un iluminador, unha deseñadora de imaxe, unha desenrroladora web e un director de cine. Esta equipa reuniuse co obxectivo de realizar un espectáculo que integra circo contemporáneo, teatro, video-clips, participación, música no amplio sentido da palabra e a creación dun mundo paralelo ao espectáculo en redes sociais e internet.