Formulario de busca

NOVAS

As mellores propostas escénicas estatais e internacionais chegan da man de Culturactiva

Máis de trinta compañías e artistas forman parte do catálogo estatal e internacional de artes escénicas que ofrece Culturactiva este ano. Propostas de teatro, clown, circo, maxia e pasarrúas, para todo tipo de públicos. Chegadas desde diferentes puntos da Península e do globo estas propostas inclúen unha gran diversidade de xéneros das artes escénicas.

Para adultos, destacan as propostas teatrais de Yllana, Leo Bassi, Al hilo Teatro, Las ansiadas producciones, Joan Estrader e Rafa Maza, así como os espectáculos de clown de Pepe Viyuela e os belgas Okidok.

Para publico familiar presentamos os últimos espectáculos do coñecido clown Dado, desde Alemaña e Bergamotto Clown, que chega desde Italia. Tamén para público familiar é a maxia de Pablo Muñoz e as propostas teatrais de Yarleku, Mar·Mar Teatro, Jam, La Pulpa, David Acera e Adrián Conde, este último galardoado no Festival Fetén deste ano como mellor intérprete.

As propostas de circo inclúen compañías chegadas desde diferentes países, como a compañía brasileira Circo no Ato, a marroquí Circo Colokolo, os alemáns Djuggledy  e Andy Snatc, e as variadas propostas procedentes de diferentes puntos do estado: Kanbahiota, Cía Orain Bi, Co.lectiu F.R.E.N.E.T.I.C., Vol’e temps, La banda, La Finestra, Cía Malabo, Comedia De*Sastre, Amontonados por azar, Trotamundos, Eddy Eighty, Javi Javichi, Xabi Larrea e Máximo Óptimo. Diferentes propostas e formatos de espectáculos circenses, para interiores e exteriores, que farán gozar a públicos de todas as idades.

A estas propostas únese a animación de rúa da compañía colombiana Tchyminigagua, que fará unha xira pola península con varios dos seus espectáculos máis recentes, nos que a música en vivo se mestura con acrobacias espectaculares.

Podes consultar o catálogo completo aqui!

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación


Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG