A compañía SU.MA nace en 2019, froito da asociación de Sue Moreno (trapecista e actriz) e Maria Move (música e bailarina).
Centran o seu traballo na fusión multidisciplinar das súas calidades, capacidades e dons entre os que se atopan: a danza, a acrobacia aérea, o teatro físico, o clown, a música orixinal e a voz cantada. Técnicas ás que adican a súa carreira artística profesional desde 2001, en solitario.
Desta investigación particular e orixinal, nace IKIGAI, o seu primeiro espectáculo. IKIGAI é estreado o 27 de xuño de 2020 no Festival PRIMA de Santiago de Compostela gañando o premio do público no Festaclown de Vilagarcía de Arousa. O seu segundo espectáculo, GLAMPING, estreouse en 2023.