Glamping
Ficha artística
Elenco espectáculo
Sue Moreno, María Move, Mark Torrecillas
Dirección
Gonçalo Guerreiro
Duración minutos
50min
Sinopse
Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman p...
Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas. Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia? Que pasa cando se torcen as cousas? "O roce fai o cariño", din...
Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación. Teatro xestual, música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown. Cando parece que todo está perdido... a creatividade xurde abrindo un camiño inesperado.