Espectáculo gañador do Certame Intergaláctico do Festaclown 2021.
Contar historias desde a imaxe, cando as cousas falan, descubrir novos espazos e ver come se transforman os vellos. Todo cambia, nada permanece e con cada transformación ábrese un mundo de posibilidades. Todo está composto de átomos, segundo como se combinen pode ser unha xirafa, unha cadeira ou unha escaleira. O mundo está feito de pezas elementais e o noso mundo está feito de caixas que van mudando en universos diferentes. Unha viaxe polas posiblidades da vida, polas eleccións que tomamos no día a día, nas que o amor é a materia escura que os une.
Ler máis