David Acera é o máis destacado contador da veciña Asturias. Un narrador excelente que debulla contos que sempre levan aparelladas importantes ensinanzas e valores sociais.
En Brujas un viaxeiro chega a unha abarrotada praza dun pobo e comparte cos veciños e veciñas a súa experiencia de vida, unha vida marcada polas bruxas desde que abandonou o pobo tras un mal soño. Ao longo do espectáculo o público irá respondendo a enigmas sobre bruxas: Como lles gustan máis os nenos, con sal e pemento ou cunha salsa ao queixo roquefort? Son malvadas? A que adican o tempo libre?
Ler máis