Fabiolo Connection
Ficha artística
Sinopse
Fabiolo, o pijo máis irreverente dos cinco continentes, é contratado para dar clases de tenis á filla do xeque dun poderoso emirato árabe. Subxugado por unha atmósfera de mil e unha noites, o noso pijo preferido descubrirá o misterio dos algoritmos, hackers que se fan pasar por xeques e aquilo que se agocha detrás dun mundo tecnolóxico que nos obriga a estar conectados a unha dobre realidade.
Estás farto de ser un looser? Ten sentido aspirar a ser winner ou como moito só nos queda ser loosers de cores no pozo dun big data? A que agardas entón para facer a túa propia travesía polo deserto? Fabiolo espérate coa súa raqueta, só precisa as túas pelotas (de tenis).
Conéctate e déixate orientar cara o futuro máis tecnofashion, porque futuro e oriente sempre estiveron próximos.