Con "Le Voyage", JAM pon o foco nas persoas refuxiadas e migrantes, na viaxe que deben emprender cara unha nova vida. Unha reflexión profunda sobre un colectivo invisible, invisibilizado e deshumanizado. JAM pon sobre o escenario toda a súa experiencia humorística como clown para sacudir emocionalmente ao espectador. Porque o clown non é solamente unha técnica humorística. En esencia, é a arte de espertar sentimentos agochados. E un destes é a risa, evidentemente! pero tamén os choros, a dor, a solidariedade. A escenografía é minimalista. As persoas migrantes, relativamente poucas prendas enriba. E, neste contexto, é onde a maleta se erixe como o gran símbolo do migrante. Unha maleta chea de soños e esperanzas, unha maleta que o é todo.