Contan pola banda de Grecia que Orfeo, vocalista prodixioso, tiña que cantar cada mañá para que puidese saír o Sol. O que non di o mito clásico é que nesta fin do mundo os saxofóns de occidente soan cada noite para que se deite no Océano. Música tan fermosa, esa que, co arrolo do mar, dá solaz ao propio Sol.Estes son argumentos de Xangai: O esplendor do metal galego e a vehemencia da xeración -moitos anos de ruta- que inventou un sentimento: o bravú. Os tempos son chegados. Oriente e occidente. Estamos preparadas para tan cósmica emoción!