Papers!
Ficha artística
Sinopse
Papers! é puro teatro de rúa: teatro social, desenfadado, impactante e transcendente. Un espectáculo sen texto que busca provocar a reflexión no espectador mediante imaxes que navegan entre o absurdo, o inimaxinable e o real. Os personaxes satirizan os conflitos que o poder e o diñeiro xeran na sociedade actual, cunha estética fiel ao estilo que fixo á compañía valenciana Xarxa Teatre coñecida nos festivais de rúa de todo o mundo.
O espectáculo vira ao redor dun grupo de migrantes que chegan a un novo país en busca dun futuro mellor, pero as súas ilusións vense truncadas coa realidade que se atopan: unha sociedade que lles obriga a asumir os papeis mais precarios. Un espectáculo de rúa traxicómico que fai visible o invisible sobre o abuso dos poderes fácticos e a dobre moral da sociedade.