Retrincos de Castelao
Ficha artística
Elenco espectáculo
Isabel Risco, Fran Rei
Dirección
Diego Rey
Duración minutos
55min
Sinopse
Culturactiva presenta a Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da nosa historia. A través dos se...
Culturactiva presenta a Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da nosa historia. A través dos seus textos e con dirección de Diego Rey, fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. Ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.
A través dun ollo de vidro que dá nova forma ao que vemos, poderemos ser quen de presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. Grazas a ese ollo seremos quen de comprender realmente a nosa historia e o noso presente.